Colabora con nós
A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra mantén vivo un legado cultural único dende 1925. Descobre as diferentes formas en que podes formar parte e apoiar o noso proxecto musical.
Quero cantar
Buscamos novas voces para todas as cordas (sopranos, contraltos, tenores e baixos). Se tes oído musical, ilusión por aprender e queres formar parte dunha agrupación centenaria, convídamosche a participar nos nosos ensaios.
Feizme socio
Apoia a nosa actividade regular cunha achega periódica. Como socio, axudarás a soster os ensaios, a escola de canto, a conservación do arquivo histórico e terás acceso preferente e gratuíto aos nosos concertos de tempada.
Colaboración económica puntual
Calquera axuda, por pequena que sexa, é fundamental para o mantemento do noso patrimonio vocal. Podes realizar unha doazón puntual destinada a proxectos específicos, edición de partituras ou gravacións institucionais.
Empresas e Mecenado
Asociar o nome da túa empresa á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra é apoiar a excelencia cultural. Ofrecemos convenios de mecenado e patrocinio a medida con importantes vantaxes fiscais e visibilidade de marca.