Historia
Dende 1925, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra forma parte esencial da memoria cultural da cidade e de Galicia. Nacida do encontro entre a música, a arte e o compromiso colectivo, construíu unha identidade propia arredor da gran polifonía, do repertorio galego e dunha maneira singular de entender a escena.
Máis dun século despois, aquel proxecto continúa vivo grazas ás xeracións de persoas que lle deron voz, dirección e continuidade, facendo da Coral un patrimonio compartido e unha institución aberta ao futuro.
Descubrir a nosa historiaCentenario
Entre 2025 e 2026, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra celebrou o seu primeiro século de historia cun amplo programa de concertos, exposicións, conferencias e recoñecementos institucionais.
O concerto de San Francisco, a homenaxe da Sociedade Filharmónica, o Premio Otero Pedrayo, a Medalla Marcial del Adalid, a Vieira de Honra e a estrea de Leucoíña. O canto das augas forman parte desta celebración.
Descubrir o centenarioDirectora
Nanette Sánchez Ordaz dirixe a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra dende novembro de 2013. Licenciada en Dirección Coral polo Instituto Superior de Arte da Habana, a súa traxectoria abarca escenarios de España, Portugal, Cuba e Bélxica. Na actualidade é tamén profesora de Coro e Educación Auditiva no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra.
Baixo a súa dirección, a Coral afrontou a conmemoración do centenario da entidade (2025–2026) e foi distinguida coa Medalla de Ouro da Sociedade en xuño de 2019 polo seu labor artístico e a súa dedicación á institución.
Coñecer a directoraXunta Directiva
A Xunta Directiva é o equipo de persoas que coordina o día a día da Sociedade, organiza a actividade da Coral, coida do seu patrimonio e representa a institución ante outras entidades.
O equipo elixido en 2026 desenvolve esta tarefa de maneira altruísta, combinando a xestión da asociación coa participación activa na vida coral.
Coñecer a Xunta DirectivaCoralistas
O corazón da nosa coral. Relación de voces activas (sopranos, contraltos, tenores e baixos) que dan vida ao noso repertorio polifónico...
Coñecer as nosas vocesDistincións
Ao longo da súa historia, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra recibiu numerosos premios, medallas e recoñecementos institucionais pola súa achega á música, á cultura galega e á vida da cidade.
Desde as primeiras distincións do século XX ata os galardóns concedidos no ano do centenario, estas homenaxes forman parte da memoria colectiva da entidade.
Consultar as distinciónsColaboracións
Proxectos conxuntos, intercambios culturais e actuacións especiais desenvolvidas en colaboración con outras entidades musicais, orquestras e institucións...
Solicitar un concerto
Información para concellos, entidades culturais, comisións ou eventos privados interesados en concertar unha actuación ou concerto da nosa coral.
Solicitar Información