1925 — 2025

Un século de voces

Concertos, exposicións, conferencias, recoñecementos e novas creacións para celebrar cen anos de música, memoria e compromiso colectivo.

Percorrer o centenario

2025 — 2026

Unha celebración aberta á cidade

O centenario non foi un único acontecemento, senón un programa amplo que recuperou a historia da Sociedade, fixo visible o seu patrimonio e abriu novas vías artísticas para o futuro.

01
Presentación oficial do selo conmemorativo do centenario no Museo de Pontevedra
26 de marzo e 8 de abril de 2025Correos · Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Selo conmemorativo e presentación oficial

Correos dedicou á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra un selo da serie «Efemérides» con motivo do centenario. A emisión realizouse o 26 de marzo e a presentación oficial celebrouse o 8 de abril no Museo de Pontevedra, cun acto institucional e o tradicional mataselos de honra.

Emisión do selo conmemorativo e presentación oficial con mataselos de honra.

02
Concerto do centenario da Coral na igrexa de San Francisco
9 de abril de 2025Igrexa conventual de San Francisco · Pontevedra

Concerto do centenario en San Francisco

Cen anos despois da primeira presentación pública da Coral, a igrexa de San Francisco acolleu un concerto conmemorativo que recuperou a memoria daquela actuación fundacional de 1925.

Concerto conmemorativo do 9 de abril de 2025.

03
Concerto homenaxe da Sociedade Filharmónica no Teatro Principal
2 de xuño de 2025Teatro Principal · Pontevedra

Homenaxe da Sociedade Filharmónica

A Sociedade Filharmónica de Pontevedra organizou un concerto homenaxe á Coral no Teatro Principal, escenario do seu primeiro gran concerto de 1926.

Concerto homenaxe organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra.

04
Entrega do premio Pontevedreses do Ano á Coral Polifónica
4 de xuño de 2025Auditorio de Afundación · Pontevedra

Pontevedreses do Ano

A Sociedade foi distinguida na categoría de Música e Cultura. A Coral pechou a gala interpretando «Si vas a San Benitiño», de Antonio Blanco Porto.

Entrega do recoñecemento Pontevedreses do Ano 2025.

05
Exposición do centenario da Coral no Museo de Pontevedra
2025Edificio Castelao · Museo de Pontevedra

Exposición do centenario

A exposición reuniu fotografías, documentos, programas, partituras, gravacións e materiais escenográficos que permitiron percorrer cen anos de historia musical e institucional.

Exposición dedicada aos cen anos da Sociedade.

06
Xornada de conferencias do centenario no Teatro Principal
2025Teatro Principal · Pontevedra

Xornada de conferencias

O Teatro Principal acolleu unha xornada de estudo e divulgación arredor da historia, da música, da escena e do legado da Sociedade, coa participación de especialistas e persoas vinculadas á institución.

Conferencias e intervencións musicais arredor da historia da Coral.

07
Entrega do Premio Otero Pedrayo á Sociedade Coral Polifónica
11 de decembro de 2025Pazo da Deputación · Pontevedra

Premio Otero Pedrayo

A Sociedade recibiu un dos grandes recoñecementos do centenario pola súa contribución á dignificación e á proxección da cultura galega. O acto incluíu unha audición da Coral.

Acto de entrega do Premio Otero Pedrayo 2025.

08
Entrega da Medalla Marcial del Adalid á Coral Polifónica
13 de decembro de 2025Edificio Castelao · Museo de Pontevedra

Medalla de Ouro «Marcial del Adalid»

A Real Academia Galega de Belas Artes entregou á Sociedade a Medalla de Ouro «Marcial del Adalid». A cerimonia incluíu a laudatio de Rosa Cedrón e un recital da Coral.

Entrega da Medalla de Ouro «Marcial del Adalid».

09
Concerto de Nadal coa Missa Brevis na igrexa de San Francisco
20 de decembro de 2025Igrexa conventual de San Francisco · Pontevedra

Concerto de Nadal e «Missa Brevis»

A Coral e a Banda de Música de Pontevedra compartiron un dos grandes concertos do centenario, cun programa que incluíu a «Missa Brevis» de Jacob de Haan e unha selección de panxoliñas.

Concerto de Nadal do centenario coa Banda de Música de Pontevedra.

10
Concerto Leucoíña no Auditorio de Afundación de Pontevedra
23 de marzo de 2026Auditorio de Afundación · Pontevedra

«Leucoíña. O canto das augas»

A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra estrearon a cantata «Leucoíña. O canto das augas», composta por Brais González. O concerto clausurou oficialmente os actos do centenario.

Estrea de «Leucoíña. O canto das augas» no Auditorio de Afundación.

11
Entrega da Vieira de Honra á Calidade Artística
28 de marzo de 2026LVIII Cabido Xeral da Enxebre Orde da Vieira · Madrid

Vieira de Honra á Calidade Artística

A Fundación Cultural da Vieira recoñeceu a traxectoria centenaria da Sociedade e a súa contribución á difusión da música coral galega.

Vieira de Honra á Calidade Artística, Madrid, 28 de marzo de 2026.

Recoñecementos

Un século recoñecido

Cinco distincións que fixeron visible a dimensión musical, cultural e patrimonial da Sociedade no ano do seu centenario.

26 de marzo e 8 de abril de 2025

Selo conmemorativo do centenario

Correos e Fábrica Nacional de Moneda e Timbre

4 de xuño de 2025

Pontevedreses do Ano · Música e Cultura

Diario de Pontevedra

11 de decembro de 2025

Premio Otero Pedrayo 2025

As catro deputacións galegas e a Fundación Otero Pedrayo

13 de decembro de 2025

Medalla de Ouro «Marcial del Adalid»

Real Academia Galega de Belas Artes

28 de marzo de 2026

Vieira de Honra á Calidade Artística

Fundación Cultural da Vieira · Enxebre Orde da Vieira

23 de marzo de 2026

Un final que tamén foi un comezo

A estrea de «Leucoíña. O canto das augas» pechou oficialmente os actos do centenario cunha obra nova creada para a Sociedade, convertendo a memoria acumulada durante cen anos en música para o futuro.

Volver á historia